O gas radón

Coma tantas outras veces, nas derradeiras semanas vimos amañecendo diariamente con novas inquietantes nos xornais que afectan á nosa saúde. Malia que en moitas ocasións as causas das enfermidades recorrentes están por coñecer, hai noutras nas que estas serían facilmente evitables cunha serie de medidas a incorporar nas nosas vivendas. Tal é o caso do gas radón e a súa incidencia nas enfermidades pulmonares.

O gas radón é un elemento químico radioactivo presente de xeito natural na codia da terra, e que entra a través do subsolo ou das fendas das estruturas das construcións deica o seu interior. Ao non ter olor, non nos decatamos de que o estamos a respirar, danando os nosos alvéolos pulmonares e chegando a ser a segunda causa de cancro de pulmón, só por detrás do tabaco. Estímase que outras moitas doenzas, graves ou moi graves, tamén están relacionadas coa excesiva exposición a este gas.

Galicia, polo seu chan granítico, é unha das zonas da península cuns índices máis elevados. Vexamos a explicación: existen tres isótopos de radón, que se orixinan na cadea de desintegración do uranio 238 (que forma radio 226 e este á súa vez radón 222), uranio 235 (que da orixe ao radio 223 e este desintégrase en radón 219) e o torio 232 (que produce radio 224, o cal pasa a radón 220). Como vemos, en todos estes casos, o radón procede do radio, sendo a máis importante das formas químicas a primeira delas, que xunto coa segunda é a de maior extensión na natureza. Segundo o responsable do Grupo de Investigación sobre o radón en Galicia da USC, Xoan Miguel Barros, considérase que esta supón máis do 80% de todo o radón ambiental e arredor do 50% de toda a radiación que recibe o ser humano en toda a súa vida. Pola súa banda, o granito posúe unhas 5 ppm de uranio, que emite tanto máis radón canto máis vella é a roca.

As solucións, tanto en obra nova como en obra construída, non só pasan pola tan aconsellada ventilación natural, senón pola instalación de arquetas de succión e outro tipo de medidas (peche de fisuras, abertura de ocos de aireación en sotos, etc.), logo de realizar unha medición para coñecer os niveis da nosa vivenda, que segundo a Normativa Europea (directiva 2013/59/Euratom) non pode exceder os 300 Bq/m3, malia que en países como Estados Unidos esta cifra non debe superar o valor de 148 Bq/m3 e a OMS aínda é máis restritiva, aconsellando non superar os 100 Bq/m3.

Unha boa construción, por tanto, non só ten unha incidencia estética no territorio, senón que axuda a mellorar e protexer a nosa saúde e a do noso entorno. Invitámosvos a botarlle unha ollada ao mapa de radón de Galicia, publicado polo Laboratorio de Radón de Galicia, da USC, para coñecer o nivel de presenza do gas no voso concello (datos extraídos das medicións realizadas).

mapa_concello_02

 

Fonte da imaxe de cabeceira: www.galiciapress.es

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s